termometría

termometría

(< termómetro)

  1. s f [FÍS]

    Ciencia que trata a medición da temperatura.

  2. s f [METROL]

    Medición das temperaturas dos medios e corpos materiais dunha maneira obxectiva, prescindindo da sensación fisiolóxica subxectiva. Os aparatos que se adoitan empregar son: o termómetro, o termopar, o pirómetro e o termistor.