terpenoide
(
Denominación xenérica dos terpenos e os seus derivados naturais. Clasifícanse en hemiterpenoides, monoterpenoides e sesquiterpenoides, entre outros, de acordo co número de átomos de carbono das súas estruturas. A repetitividade das unidades isoprénicas nas súa estruturas foi observada por O. Wallach en 1887. En 1925, C. K. Ingold observou que as unidades isoprénicas dos terpenoides estaban unidas entre elas mediante unións cabeza-cola. Os monoterpenoides e sequiterpenoides aparecen como constituíntes principais dos aceites esenciais de numerosas plantas e están amplamente difundidos na natureza, e moitas especies de insectos segregan terpenoides deste tipo como hormonas e feromonas. Os politerpenoides, como o caucho e a gutapercha, existen nun número reducido de especies vexetais. Os terpenoides teñen aplicación en farmacia, alimentación e perfumaría, como disolventes e conservantes.