terranova
terranova
(< topónimo Terranova)
s
m
[ZOOL]
Raza de cans de garda, de grandes dimensións e corpulentos, coa cabeza maciza e forte e as orellas anchas e gachas, pelo longo, forte e abundante de cor negra e ás veces con reflexos de cor terrosa. Coñécense pola súa afeción á auga, e empréganse nos rescates acuáticos. Proceden da illa de Terranova, posiblemente a partir de varios cruzamentos.