terremoto

terremoto

(< lat terraemōtu)

s m [XEOL]

Conxunto de sacudidas da superficie da Terra perceptibles nunha zona en grao variable e que responden á perturbación que provoca a chegada de ondas elásticas ao propagarse desde o lugar onde se produciu un movemento brusco e rápido entre bloques rochosos. A súa intensidade pode facerse a partir da descrición cualitativa dos efectos e danos producidos polo terremoto establecendo unha escala, denominada de Mercalli, que consta de 12 graos, ou ben facendo unha escala tomando como base o logaritmo da amplitude de ondas sísmicas, que se coñece como escala de Richter. A escala global, os terremotos distribúense, analogamente ao vulcanismo, nas zonas tectonicamente activas (arredor da placa), e aproximadamente o 80% teñen lugar no cinto circumpacífico, mentres que o resto se distribúen entre o cinto alpino do Himalaia, as dorsais oceánicas e os rift africanos.

Palabras veciñas

terrazo | terreal | terreiro -ra | terremoto | terreño -ña | terreo -a | térreo -a