territorialidade

territorialidade

(

  1. [DER]
    1. s f

      Condición peculiar que adquiren no dereito os feitos xurídicos e as cousas polo feito de estar nun territorio sometidas a un determinado ordenamento xurídico.

    2. territorialidade das leis

      Principio segundo o cal a lei obriga a todos os que se atopan no territorio da institución que a ditou. Aplícase, sobre todo, en relación ás leis penais e de orde pública. Só están eximidas persoas, edificios e barcos afectados pola extraterritorialidade.

  2. s f [BIOL]

    Mecanismo de defensa do ámbito doméstico en que se desenvolven os organismos, que tende a arredar os individuos ou grupos uns dos outros. Todos os grupos taxonómicos teñen formas de loita de defensa do territorio, desde os organismos inferiores, nos que se desenvolven sistemas pasivos que tenden a facer incompatible a vida doutros organismos, ata os organismos superiores, que se serven de comportamentos complexos. Este proceso limita a competencia intraespecífica e preserva as poboacións do esgotamento de reservas de alimentos, auga ou luz.

    Sinónimos: territorialismo.