Teššub

Teššub
[MIT]

Divindade hurrita principal. Era o deus da tempestade, do relampo, da chuvia e da fertilidade. Representábase cun vestido curto, cuberta a cabeza cun casco ou tiara e portaba nas mans o relampo e unha machada ou unha maza. A súa muller era ḫ ebat e o seu fillo Šarruma. Os seus animais sagrados eran Šerri (día) e ḫ urri (noite).

Palabras veciñas

Tespias | Tespio | Tespis | Teššub | test | Test Act ou Bill of Test | testa