testamento

testamento

(

  1. [DER]
    1. s m

      Negocio xurídico formal en virtude do que o causante regula a súa sucesión por causa de morte, mediante a institución de un ou máis herdeiros e o ordenamento doutras disposicións. É unilateral, se se basea na exclusiva declaración de vontade do causante; persoal, se procede do mesmo causante; e revogable, se mantén a vixencia da última vontade. Ademais, pode ser aberto, cando se fai de palabra ante o notario ou ben escrito e lido diante del e de varias testemuñas; pechado, cando se fai por escrito e se pecha nun sobre cuñado diante de notario e de testemuñas; ou hológrafo, cando foi escrito e firmado da propia man do testante e protocolizado despois da súa morte.

    2. s m

      Documento de carácter legal en que se fai constar a vontade do testador.

    3. testamento en país estranxeiro

      Testamento que se formaliza ante as autoridades consulares ou diplomáticas do estado testador. É tramitado polo Ministerio de Asuntos Exteriores, coa certificación de defunción do testador, para que sexa publicado no boletín oficial do estado en cuestión e as persoas que teñan que herdar procedan á súa protocolización.

    4. testamento marítimo

      Testamento feito sobre un barco que conta cunha validez de catro meses desde o desembarco do testador. Nos barcos de guerra ten que outorgarse diante do contador, dúas testemuñas e o comandante, que dá o visto e prace. Nos barcos mercantes, é autorizado polo capitán, en presenza tamén de dúas testemuñas.

    5. testamento militar

      Testamento outorgado en tempos de guerra polos militares en campaña, voluntarios, prisioneiros e calquera outra persoa do exército, cando se atopan en perigo de morte. Ten que outorgarse en presenza dun oficial, que teña polo menos categoría de capitán, e dúas testemuñas.

  2. s m

    Escrito en que unha persoa expresa os puntos fundamentais do seu pensamento ou as principais características da súa arte, en forma que se considera definitiva.

Refráns

  • De facer testamento, faino a tempo.
  • Entre irmán e irmán dous testigos e un escribán.
  • O mar que se desfai, regachos fai.
  • Se queres facer testamento, faino antes de estar enfermo.
  • Testamento non é enterramento pero é presentimento.