testemuño

testemuño

(< lat testimonĭu)

  1. s m

    Aquilo que serve de proba de algo.

  2. [DER]
    1. s m

      Declaración que fai unha testemuña para establecer ou probar un feito.

    2. s m

      Declaración e exame da testemuña para provocar a convicción dos xuíces. Constitúe o contido obxectivo da proba testifical.

    3. falso testemuño

      Falsa atribución dunha culpa.

    4. falso testemuño

      Delito cometido por un perito, un testigo ou un intérprete que falta á verdade nun xuízo.

    5. testemuño notarial

      Transcrición literal dun documento, da exactitude da que responde o notario baixo a súa fe pública.

  3. s m [DEP]

    Tubo cilíndrico, delgado e lixeiro, dunha lonxitude máxima de 30 cm, que nas carreiras de remudas o atleta leva nas mans e cede ao seguinte corredor do mesmo equipo nunha zona delimitada.

Palabras veciñas

testemuña | testemuñal | testemuñar | testemuño | Testi, Fulvio | testicardino -na | testicular