tetania

tetania

(< tétano)

  1. s f [PAT]

    Afección que se caracteriza pola exaltación permanente da excitabilidade mecánica e eléctrica dos nervios periféricos, que se manifesta nun estado espasmódico singular (accesos agudos) ou en certos fenómenos interparoxismais. Débese a situacións que comportan un aumento do pH ou a unha diminución da concentración do calcio extracelular.

  2. s f [PAT]

    Espasmo tónico continuo dun músculo.

Palabras veciñas

tesura | Tet ou Tet Nguyen Dan | teta | tetania | tetánico -ca | tetanismo | tetanización