tétano

tétano

(

  1. s m [PAT]

    Enfermidade infecciosa aguda producida pola neurotoxina do bacilo Clostridium tetani, identificada por Arthur Nicolaier. A porta de entrada da enfermidade adoita ser unha ferida grande e anfractuosa, e noutras ocasións maniféstase despois do nacemento (tétano neonatal) ou de intervencións cirúrxicas (tétano postoperatorio), incluso pode non ten porta de entrada coñecida (tétano criptoxenético). Na ferida o bacilo pasa da forma de espórula á vexetativa e inicia así a produción de exotoxina que chega ás células nerviosas da asta anterior da medula espiñal, e produce unha esaxerada resposta reflexa nos estímulos aferentes, que se manifesta por espasticidade dos músculos esqueléticos e contraccións paroxismais. Son síntomas característicos o trismo e a risa sardónica. A afectación progresiva vai acompañada de opistótonos e de dolorosos paroxismos convulsivos. Nos casos non tratados prodúcese a morte por asfixia e ás veces por parálise cardíaca. A profilaxe activa por vacinación antitetánica confire inmunidade contra a enfermidade.

  2. s m [PAT]

    Estado de rixidez e contracción tónica sostida dos músculos voluntarios.

Palabras veciñas

tetanismo | tetanización | tetanizar | tétano | tetartanopsia | tetartoédrico -ca | Tete