Tetón, petróglifos do monte
Tetón, petróglifos do monte
Estación de gravados rupestres situada en Santa María de Tebra (Tomiño). Na vertente sur destaca, entre os diferentes motivos, unha gran figura composta por case 20 círculos concéntricos, sendo o de maior diámetro de máis de 2 m e o menor de 15 cm con coviña central. Pola técnica da gravación dos sucos e motivos asociados dátanse na Idade do Bronce (2000 a de C).