tifo

tifo

(

  1. [PAT]
    1. s m

      Enfermidade infecciosa que está causada por diversas especies do xénero Rickettsia.

    2. tifo benigno

      Forma benigna do tifo epidémico que está considerada como unha recaída moi tardía do tifo exantemático clásico. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Brill.

    3. tifo endémico

      Tifo que está causado por Rickettsia mooseri e que se caracteriza polo feito de que o seu reservorio é a rata, e o seu vector, a pulga.

    4. tifo epidémico/ exantemático

      Enfermidade infecciosa aguda que está causada por Rickettsia prowazekii e transmitida polo excremento dos piollos do corpo. As principais complicacións son respiratorias (bronco-pneumonías), circulatorias (miocardite ou arterite) e nerviosas. A diagnose faise pola clínica e polo illamento da bacteria no sangue e as probas serolóxicas (reacción de Weil-Félix). É de carácter epidémico en épocas de fame e miseria e é de declaración obrigatoria internacional.

  2. s m [PAT]

    Enfermidade con estupor.

Palabras veciñas

tiflografía | tiflópido -da | tiflostomía | tifo | tifobacilose | tifoide | tifón