timbre

timbre

(< fr timbre)

  1. s m [HERÁLD]

    Insignia que se coloca encima do escudo de armas para distinguir os graos de nobreza.

  2. s m
    1. [DER/HIST]

      Selo que estampa o estado no papel onde se estenden documentos públicos e privados que se refiren a actos de comercio, xudiciais ou administrativos, e que indica a cantidade que se ten que pagar ao fisco en concepto de dereitos. Creado en 1637 por Filipe IV de Castela, a lei tributaria española de 1963 impúxoa como medio de recadación de ingresos públicos e de realización de prezo de certos servizos públicos ou exaccións.

    2. [DER]

      Póliza ou selo dun certificado.

    3. [DER/ECON]

      Renda do tesouro público constituída polo importe dos timbres, selos, papel selado e outras imposicións que gravan a emisión, o uso e a circulación de certos documentos.

  3. s m [BÉL]

    Parte do casco dunha armadura, que recubría o cranio.

  4. s m [NUMIS]

    Moeda antiga que levaba gravado o escudo real, especialmente a cuñada baixo a Coroa de Aragón.

  5. s m

    Aparato que se emprega como avisador acústico, constituído por unha pequena campá en forma de casquete esférico metálico e un martelo que, accionado manual ou electricamente, a golpea.

    1. s m [TECNOL/MÚS]

      Calidade dun son que permite distinguilo doutros que teñen idéntica altura e intensidade.

    2. s m [LING]

      Trazo fonolóxico que caracteriza a calidade das emisións fonemáticas. Depende tanto da frecuencia fundamental como dos harmónicos particulares que entran na composición de toda onda composta. Este trazo serve para distinguir, por exemplo, [a] de [e].

    3. timbre metálico [FISIOL]

      Calidade de son anfórico de ton elevado e tamén dos ruídos do corazón en caso de hipertrofia cardíaca.

    4. timbre nasal [FISIOL]

      Alteración do timbre natural da voz por resonancia do son na parte posterior das fosas nasais.