tiro

tiro

(

  1. s m

    Acción de lanzar ou disparar un proxectil unha arma.

    Sinónimos: disparo.
  2. s m

    Marca ou sinal que deixa un proxectil, especialmente o dunha arma de fogo.

    Sinónimos: disparo.
  3. s m

    Ruído que produce unha arma de fogo ao ser disparada.

  4. s m [BÉL]

    Ciencia experimental que, de acordo coas leis da balística, investiga o comportamento das armas e as municións, dentro do campo táctico, e fixa as normas para empregalas e conseguir os máximos efectos.

  5. s m [DEP]

    Deporte que consiste en acertar, destruír ou abater uns brancos, fixos ou móbiles, mediante armas de fogo, de precisión ou de presión. Segundo a arma empregada cómpre distinguir o tiro de precisión, o tiro ao prato ou tiro ao pombo e o tiro con arco. Nos Xogos Olímpicos as modalidades son o tiro de velocidade con pistola, o tiro con pistola libre, o tiro con carabina con branco móbil, o tiro con carabina de calibre pequeno, o tiro en tres posicións, o de fosa olímpica ou Trap, o skeet e o tiro con carabina tumbado. No tiro con arco hai que acertar nun branco redondo de 122 cm de diámetro, dividido en 5 zonas concéntricas de cores diferentes. Cada arqueiro ten que disparar tres frechas no tempo máximo de dous minutos e medio. Nos Xogos Olímpicos de Barcelona, o equipo español masculino formado por A. Menéndez, J. C. Holgado e A. Vázquez gañou a medalla de ouro.

  6. s m

    Acción de lanzar o balón nos xogos de pelota.

  7. s m

    Animal ou conxunto de animais que tiran dun carro, así como o servizo que fan.

  8. s m

    Corrente de aire que a través dun conduto permite e favorece a combustión ao arrastrar o fume ao exterior, e o conduto mesmo.

  9. s m

    Distancia ou lonxitude que vai desde onde se xuntan as perneiras dun pantalón ata a cintura.

  10. s m [PESCA]

    Aparello de pesca que foi lanzado e recollido.

Frases feitas

  • Estar/pórse a tiro. Estar ou pórse ao alcance dun proxectil.

Palabras veciñas

tirita | tirizó | Tírnovo | tiro | Tiro | Tiro, Marco Tulio | tiro-