tironiano -na
(< antropónimo Marco TulioTirón)
-
adx
Relativo ou pertencente a Marco Tulio Tirón.
-
notas tironianas
[PALEOG]
Conxunto de signos taquigráficos que constitúen o primeiro sistema coherente de abreviación, ideado, segundo a tradición, por Marco Tulio Tirón, e moi difundido e ensinado nas escolas durante o Imperio Romano e que durou ata a Idade Media. Existe unha recompilación, que se denomina Comentarii, conservada só en grupos de manuscritos dos ss IX e X. Cada palabra forma unha nota, composta normalmente dun signo principal, correspondente á radical, e dun signo auxiliar que fixa a terminación. A carón deste sistema de notae desenvólvese un sistema de abreviación máis simple baseado na representación silábica. Existen aínda as notae iuris, usadas nos antigos manuscritos xurídicos, con formas particulares. Foron a miúdo prohibidas a causa dos equívocos e fraudes ata que Xustiniano as prohibiu definitivamente. Caeron en desuso e foron redescubertas no s XVI, aínda que ata o s XIX non apareceu unha clasificación exitosa, feita polo francés Chassant.