Tito, arco de
Tito, arco de
Arco triunfal construído en Roma pouco despois da morte do Emperador Tito Flavio Vespasiano, no ano 81. Atópase no Foro Romano, consta dun só van e conserva, na cara interna, diversos relevos que conmemoran a toma de Xerusalén polo emperador no ano 70.