tomate
tomate
(< nahua tomatl)
-
s
m
[BOT/ALIM]
Froito en baga da tomateira, arredondado, avermellado ou vermello, liso con numerosas sementes amareladas e aplanadas, zumento e comestible. É rico en auga e contén potasio, calcio, magnesio, fósforo e as vitaminas A e C. Presenta propiedades diuréticas e laxantes. Existen numerosas variedades e a súa produción mundial está en aumento, tanto polo seu consumo directo como pola súa utilización na industria conserveira.
-
s
m
[PLANTA]
tomateira.
Refráns
- A todo lle vai ben o tomate, non sendo ás papas e ao chocolate.
- Con tomates non hai mala cociñeira.
- Non te mates por tomates, que os hai na tomateira.
- O tomate úsase ata que se remate.