tómbolo

tómbolo

(< ital tombolo)

s m [XEOG]

Recheo formado por unha frecha ou cordón litoral que une unha illa ao continente. É orixinado pola acumulación de materiais que achegan as ondas entre a illa e a liña de costa. Poden ser simples ou dobres.