ton

ton

(

    1. s m [FÍS]

      Característica dun son que está determinada pola frecuencia da vibración fundamental ou primeiro harmónico. En función do ton, clasifícanse en graves e agudos, dividida toda a gama acústica en frecuencias baixas e frecuencias altas, respectivamente.

    2. control do ton / [FÍS/TECNOL]

      Circuíto para controlar o ton e modificar a resposta de frecuencia dun amplificador de audiofrecuencia. Consta dun ou máis potenciómetros, variables a vontade, e unha rede de condensadores e resistencias.

    3. ton cardíaco [MED]

      Cada un dos dous ruídos, primeiro e segundo, que se senten auscultando a rexión cardíaca. O primeiro, corresponde á sístole ventricular, é xordo, grave e prolongado; o segundo, corresponde ao peche de válvulas, e é curto e seco.

  1. s m

    olume ou intensidade da voz nun determinado momento.

  2. s m

    Inflexión ou modulación da voz que nos permite diferenciar diversos sentimentos ou estados psicolóxicos.

  3. s m [MÚS]
    1. Intervalo que hai entre dúas notas dunha escala, agás de mi a fa e de si a do.

    2. Relación das notas que forman unha escala musical.

  4. s m

    Estilo ou modo de expresar algo.

  5. s m

    Grao de intensidade dunha cor.

  6. [FISIOL]
    1. s m

      Grao normal de vigor e tensión.

    2. s m

      Estado de elasticidade dun tecido normal e a súa aptitude para cumprir a súa función en resposta a un estímulo ordinario.

    3. ton muscular

      Estado de tensión activa dos músculos, permanente e involuntaria, variable na súa intensidade segundo as diversas accións reflexas que a reforcen ou a inhiban.

Frases feitas

  • A ton loc adv Á altura do que se expresa.

  • Fóra de ton. Que non utiliza as boas maneiras.

  • Sen ton nin son. Sen pensar.

Palabras veciñas

Tomsk | Tomsk | Tom’ | ton | Ton, Konstantin Andrejević | tona | Tona