tónico -ca
tónico -ca
(< lat tonĭcu)
-
-
adx
Que produce e restablece o ton normal do organismo.
-
adx
Que vigoriza moral ou mentalmente.
-
adx
Que se caracteriza por unha tensión continua.
-
adx e s
m
tonificante.
-
auga tónica
[ALIM]
Bebida non alcohólica feita a base de extractos ou esencias de froitas cítricas, auga gaseada ou mineral, con azucre ou sen el, con pequenas cantidades de quinina, que lle dá o sabor amargo característico.
-
adx
-
adx
[LING]
Aplícase á vogal ou á sílaba que leva o acento musical ou de intensidade en oposición ás átonas. En relación co acento, unha sílaba chámase pretónica ou postónica segundo preceda ou siga inmediatamente á sílaba acentuada. Ás veces dáse o nome de acento tónico ao acento de intensidade.
-
adx
[MÚS]
Aplícase á nota central dunha escala musical.