tonsura

tonsura

(

  1. s f [RELIX]
    1. Cerimonia relixiosa na que se cortan os cabelos, parcial ou totalmente, para mostrar unha consagración especial da persoa. Costume xeneralizado entre os monxes cristiáns (ss V-VI), introduciuse na igrexa latina (ss VI-VII) como rito de admisión do clero, distinto das ordes menores. Foi suprimida pola reforma do Concilio Vaticano II.

    2. Maneira de levar cortados os cabelos os que recibiron a tonsura relixiosa. Entre as formas coñecidas, están a dos monxes budistas, que levan todo o cabelo rapado, a que deixaba só unha franxa de cabelo á maneira de aro (conservada ata hai pouco pola maioría das ordes relixiosas católicas) e a que levan sacerdotes e clérigos latinos reducida á coroa da cabeza, chamada por iso mesmo coroa

  2. alegar tonsura [DER]

    Alegar carácter clerical para librarse da xurisdición ordinaria ou para obter mitigación ou modificación dunha pena. Está en vigor en países cun concordato coa Santa Sé ou nos que hai un privilexio de inmunidade eclesiástica.

  3. beneficio de tonsura [DER]

    Beneficio eclesiástico que se podía gozar en canto se recibira a tonsura, sen necesidade de ningunha orde sagrada.

Palabras veciñas

tonsilar | tonsilectomía | tonsilite | tonsura | tonsurado -da | tonsurar | tontina