tópico -ca

tópico -ca

(< grτοπικόσ)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a un lugar determinado.

  2. adx e s m [MED]

    Aplícase ao remedio ou medicamento que se emprega exteriormente sobre a pel ou rexión afectada, como é o caso das pomadas, os ungüentos, os emplastos ou os parches.

  3. s m
    1. [LIT/FILOS]

      Argumento xeral que se aplica a todos os casos análogos.

    2. [LING]

      Expresión trivial que se emprega sistematicamente co mesmo sentido.

  4. [PSIC]

    Nome con que se designa a descrición do funcionamento do aparato psíquico realizado por S. Freud, para quen o psiquismo está formado por tres instancias diferentes (consciente, preconsciente e inconsciente), corrixido por outra con tres instancias novas: o eu, o aquilo e o supereu.