torcer
(< lat torquēre)
-
v t
Deformar un corpo ao darlle voltas sobre si mesmo e facer xirar cada un dos seus extremos nunha dirección contraria, de xeito que adquira unha forma helicoidal.
Ex: Non torzas tanto a roupa que a vas romper.
-
v t
Facer que algo adquira unha forma curva.
Ex: Torceu o ferro no lume.
-
v t
Forzar unha articulación ao realizar un movemento de flexión violento e especialmente en sentido contrario ao natural.
Ex: Tropezou e torceu un pé.
-
v t
Facer que algo tome unha dirección, unha posición ou unha orientación distinta á que tiña.
Ex: Cando me viu torceu a cabeza para non me saudar.
-
v t
Poñer algo que estaba en posición vertical en posición oblicua.
Ex: O vento torceu a figueira.
-
v i
Coller algo ou alguén unha dirección distinta á que tiña.
Ex: Na seguinte rúa torces á dereita e xa o ves.
-
v i
Tomar algunha cousa unha posición inclinada cara a algún lado.
Ex: As árbores torcían co vento.
-
v pron
Inclinarse algunha cousa cara a algún lado.
Ex: As flores torcíanse coa forte choiva.
-
v pron
Evolucionar algunha cousa de maneira negativa ou distinta ao esperado.
Ex: Non tardaron moito en torcerse as cousas.
Frases feitas
-
Torcer o bico/fociño. Manifestar desacordo con algo ou alguén.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles torzo
torces
torce
torcemos
torcedes
torcen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles torcía
torcías
torcía
torciamos
torciades
torcían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles torcín
torciches
torceu
torcemos
torcestes
torceron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles torcera
torceras
torcera
torceramos
torcerades
torceran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles torcerei
torcerás
torcerá
torceremos
torceredes
torcerán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles torcería
torcerías
torcería
torceriamos
torceriades
torcerían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles torza
torzas
torza
torzamos
torzades
torzan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles torcese
torceses
torcese
torcesemos
torcesedes
torcesen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles torcer
torceres
torcer
torcermos
torcerdes
torceren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
torce
-
-
torcede
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles torcer
torceres
torcer
torcermos
torcerdes
torceren
torta/torcida
tortos/torcidos
tortas/torcidas