torno
(< lat tornu < grτόρνος ‘xiro, volta’)
-
s
m
Máquina simple que consiste nun cilindro sobre o que se aplica tanxencialmente unha resistencia, especialmente mediante unha corda ou un cable que se enrola e que se move mediante unha roda de gran diámetro ou ben accionado por un motor. En ocasión recibe nomes como torno de tracción ou torno eléctrico, facendo referencia á finalidade para a que se emprega.
-
-
s
m
Máquina empregada para arredondar pezas de madeira, metal, corno ou outro material duro, ou darlles un perfil ou calibre determinado, imprimíndolles un rápido movemento de rotación ao poñelos en contacto cunha ferramenta de corte.
-
torno de bésta
Torno primitivo en que a rotación da peza era causada pola peza chamada bésta.
-
s
m
-
-
s
m
Nome dado a diversas máquinas ou aparatos que traballan mediante un rápido movemento de rotación.
-
s
m
[ARTESAN]
Aparato que consiste nun disco grande de madeira disposto horizontalmente na parte inferior dun eixe, que presenta no seu extremo superior un disco máis pequeno sobre o que o oleiro coloca a peza de barro que ten que formar.
-
s
m
Ferramenta similar á prensa que empregan os toneleiros para estreitar e dobregar as doelas dos toneis.
-
s
m
[TECNOL]
Maquinaria empregada para traballar un sólido indefinido facéndoo xirar arredor dun eixe e arrincándolle material perifericamente para transformalo nunha peza ben definida. O torno permite obter superficies cilíndricas, planas, cónicas, esféricas, perfiladas e con rosca, e é moi utilizado no traballo dos metais, para obter superficies de revolución a partir de barras cilíndricas, para rectificar e alisar pezas de fundición ou desbastadas, para facer roscas en pezas cilíndricas, e para fabricar porlóns, parafusos grandes e outras pezas. O torno paralelo, que é o máis común, consta dunhas guías polas que se desprazan o carro principal e o cabezal móbil, e que soporta, nun dos seus extremos, o cabezal fixo, o motor, o cambio de marchas e os elementos de control. A peza que hai que traballar tamén se pode suxeitar entre puntos, e entón cómpre realizar nos seus dous extremos dúas depresións cónicas en que entran os puntos dos cabezais, e o movemento transmítese mediante unha brida. O carro principal desprázase sobre as guías por accionamento manual ou automaticamente e dá o avance lonxitudinalmente á ferramenta. Na parte superior do carro principal, e desprazable perpendicularmente ao movemento deste, está o carro transversal, que permite orientar a ferramenta e fixala na dirección axeitada ao traballo que ha de efectuar. O torno-revólver está provisto dun cabezal especial que leva ferramentas diferentes, de xeito que cada unha traballa a mesma peza e executa unha operación diferente.
-
torno de fiar TÉXT
[TÉXT]
Aparato empregado para fiar ou para debandar o fío dunha madeixa, que consistía nunha roda motriz, montada nun plano vertical sobre un pé, que transmitía o movemento a un piñón, montada nun fuso que, así, xiraba a unha gran velocidade.
-
s
m
-
s
m
[CONSTR]
Tambor xiratorio de eixe vertical con aberturas laterais que, colocado na abertura dunha parede, serve de vehículo para pasar obxectos dun lado a outro da parede sen que a persoa que está nun lado vexa a que está no outro. Adoita usarse en conventos de clausura e hospicios.
-
s
m
Anaco de madeira de forma cilíndrica cravado na parede que se utiliza para colgar cousas.