Torre de Penela, condado de
Título nobiliario outorgado por Carlos II a Pedro Tomé de Oxea Ulloa e Enríquez (?-1710), señor da xurisdición de pazo-torre de Penela (Alongos, Toén), da casa forte de Riobó (Rodeiro) e do pazo de Santa Mariña de Castro de Amarante (Antas de Ulla). Sucedeuno o seu fillo Antonio de Oxea Rojas , II conde de Torre Penela e, ao morrer este sen descendencia, o título pasou a súa irmá María Ignacia de Oxea Rojas , III condesa de Torre Penela. O título seguiu a liña primoxénita ata que o VII conde de Torre Penela, Xosé María de Puga Miranda (?-1846) morreu sen descendencia. O título pasou en 1848 ao seu curmán Carlos de Puga Valbuena (?-1855), VIII conde de Torre Penela. Sucedeuno a súa sobriña Clotide Flórez de Losada , IX condesa de Torre Penela, sucedida pola súa filla María de la Asunción Sanjurjo y Flórez de Losada , X condesa de Torre Penela. A esta sucedérona o seu fillo Pedro de Torres Sanjurjo , XI conde de Torre Penela, o seu neto Fernando de Torres Ozores , XII conde de Torre Penela e o seu bisneto Álvaro de Torres Gestal , XIII conde de Torre Penela. Trae por armas as dos Oxea, da casa de Riobó, coa coroa condal.