Tory Party
Partido político británico, foi fundado no s XVIII polo grupo tory. Representou os intereses dos grandes terratenentes, defendeu as prerrogativas reais sobre o poder parlamentario e os privilexios da Igrexa Anglicana. Ocupou o poder desde 1710 a 1714. A instauración da dinastía dos Hannover conlevou á perda da súa influencia, foi acusado polos whigs de defender os Stuart, e permaneceu apartado do poder durante o resto do s XVIII. A reacción que se produciu en Gran Bretaña contra a Revolución Francesa significou o renacemento do partido, que reformou o seu conservadorismo. En 1807 accedeu ao poder e impulsou unha política de oposición radical a toda influencia revolucionaria (R. Stewart), na mesma dirección que a Restauración europea. Un sector do partido en que destacaron G. Canning e R. Peel, evolucionou cara a posicións máis reformistas e, en 1832, fundou o Conservative Party.