tose

tose

(

  1. s f [FISIOL]

    Mecanismo fisiolóxico que se caracteriza pola expulsión repentina, ruidosa e máis ou menos violenta, de aire dos pulmóns. Débese á estimulación voluntaria ou reflexa do centro nervioso tusíxeno, que está situado no solo do cuarto ventrículo. A partir das zonas tusíxenas os estímulos chegan ao centro da tose e a través das vías eferentes activan os músculos respiratorios e larínxeos, provocando unha inspiración profunda, seguida da contracción repentina dos músculos espiratorios, coa expulsión do aire a gran velocidade, que arrastra as secrecións e os corpos estraños que existen nas vías respiratorias.

  2. tose aneurismática [PAT]

    Tose que está asociada a un aneurisma e que vai acompañada frecuentemente da parálise dunha corda vocal.

  3. tose de can [PAT]

    Tose que ten lugar por unha compresión das vías respiratorias e que se asemella ao ladrido dun can.

  4. tose emetizante [PAT]

    Tose que se caracteriza por provocar vómitos.

  5. tose ferina [PAT]

    Enfermidade aguda infectivo-contaxiosa das vías respiratorias altas, causada polo bacilo Haemophylus pertussis, que se caracteriza pola aparición de tose típica convulsiva. O axente chega á traquea e aos bronquios por vía aérea, iniciando o liberamento de endotoxinas que son as responsables do cadro clínico. É unha enfermidade de predominio invernal que afecta a nenos de 2 a 5 anos principalmente e que se transmite por contaxio directo. Esta maniféstase inicialmente por un período catarral inespecífico, con febre e tose irritativa, comezando de modo progresivo a infección do sistema nervioso, dos pulmóns, dos capilares e da medula ósea. As principais complicacións da enfermidade son de tipo respiratorio e nervioso.

  6. tose seca [FISIOL]

    Tose que non vai acompañada de expectoración.

  7. tose trixémina [PAT]

    Tose que se debe á irrigación das fibras do trixémino.