Touza, pazo da

Touza, pazo da

ou torre da Touza Construción situada en Camos (Nigrán). Está formada por dúas coxías unidas en escuadra cunha torre no ángulo cara ao exterior e cunha escaleira e patín cara ao interior. Ante o patio da fachada ábrense diversas construcións como a capela, que se atopa nunha prolongación das ás da vivenda. Na fachada posterior conserva unha solaina. A torre posúe ameas e conserva diversos escudos. Na porta de entrada destacan dúas pequenas torres que conservan as armas dos Castro, Troncoso de Lira e Araúxo, nunha delas, e dos Pereira de Castro, Falcón, Ozores e Soutomaior na outra.

Palabras veciñas

Touza Rodríguez, Xulio | Touza, A | Touza, casa da | Touza, pazo da | Touzas | touzo | Touzón