toxina

toxina

(

  1. s f [BIOL]

    Calquera veleno de orixe animal ou vexetal.

  2. s f [MICROB]

    Substancia tóxica e antixenética que está producida por bacterias. Segundo a constitución química, pódese dividir en holoproteínas, heteroproteínas e enzimas. En patoloxía clasifícanse en intracelulares ou endotoxinas e extracelulares ou exotoxinas, que exercen a acción tóxica independentemente do microorganismo produtor. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

toxicomanía | toxicómano -na | toxicose | toxina | Toxiza, serra da | toxo | toxo-