toxoplasmose
toxoplasmose
(< lat científico Toxoplasma)
s
f
[PAT]
Enfermidade parasitaria que está producida polo protozoo Toxoplasma gondii, que no home se pode manifestar como unha enfermidade conxénita ou adquirida. A forma adquirida é moi variable e moi a miúdo asintomática. A forma conxénita, máis maligna, dá lugar á coriorretinite, calcificacións cerebrais, retardo psicomotor, hidrocefalia e microcefalia, e convulsións. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].