Transatlántica Española SA, Compañía

Transatlántica Española SA, Compañía

Empresa de transportes marítimos constituída en 1881 en Barcelona por Antonio López López. Este iniciou as súas actividades en 1850 en Cuba coa liña Guantánamo-Santiago. En 1856 volveu a España e creou a liña de vapores Alacant-Marsella. En 1861, con base en Cádiz, obtivo a concesión do transporte do correo entre España, Cuba, Puerto Rico e Santo Domingo, converténdose na primeira empresa navieira española con liñas regulares a EE UU, ás Antillas e ás colonias españolas. Entrou en decadencia despois da Guerra Civil Española. En 1977, unha empresa do INI tomou o control da sociedade, que máis tarde pasou ao grupo Teneo, que en 1993 vendeu as accións a Naviera del Odiel.

Palabras veciñas

transaminación | transaminase | transandino -na | Transatlántica Española SA, Compañía | transatlántico -ca | Transbaikal | transbordador -ra