transcendental

transcendental

(

  1. adx

    Que posúe unha grande importancia polas consecuencias que pode ter.

    Sinónimos: transcendente.
  2. adx [FILOS]
    1. Aplícase a cada un dos atributos propios de todo ser: a unidade, a verdade e a bondade (ou perfección), e para algúns a beleza, redutible para os escolásticos á perfección. Aos tres primeiros atributos transcendentais correspóndenlles respectivamente os principios de contradición, de razón suficiente e de finalidade.

    2. Aplícase a aquilo que pertence ás condicións a priori do coñecemento ou da acción (sobre todo moral) do home, na filosofía de Kant. Oponse tanto ao empírico, pois non deriva da experiencia, coma ao transcendente, polo feito de que non excede a experiencia aínda que sexa condición intrínseca dela.