transcrición

transcrición

(< lattranscriptĭōne)

  1. s f

    Acción e efecto de transcribir.

  2. s f [FILOL]

    Transposición ou copia do texto dun manuscrito con vista ao seu estudo ou á súa edición. Fálase de transcrición crítica ou de transcrición diplomática no mesmo sentido ca na edición crítica.

  3. [LING]
    1. s f

      Representación gráfica da pronuncia orixinal dunha lingua noutra diferente.

    2. transcrición fonética

      Representación gráfica das diferentes realizacións do sistema fonolóxico. Debe representar os sons, é dicir, a realización dos fonemas no plano da fala, que polo xeral se efectúa mediante o alfabeto fonético internacional ou calquera outro alfabeto fonético convencional.

    3. transcrición fonolóxica

      Reprodución gráfica da constitución fonolóxica da lingua. Debe representar graficamente os fonemas, prescindindo dos diferentes sons ou variantes fonéticas en que se realizan na práctica.

  4. [XEN]
    1. s f

      Proceso polo que a información xenética contida no ADN nuclear é copiada nunha fibra de ARN mensaxeiro grazas á acción dos enzimas polimerases.

    2. transcrición inversa

      Síntese do ADN a partir de ARN coa axuda do enzima DNA-polimerase.

  5. s f [DER]

    Fiel traslado ou copia íntegra de documentos do rexistro da propiedade, e máis concretamente a inserción literal en dito rexistro de escrituras notariais que conteñen actas translativas, modificacións ou extincións do dereito de propiedade, en dereito hipotecario.

  6. s f [MÚS]

    Adaptación dunha obra musical completa ou en parte para instrumentos ou voces diferentes daqueles para os que foi escrita.

Palabras veciñas

transcorrer | transcortina | transcribir | transcrición | transcritase | transcrito -ta | transcritor -ra