transformador -ra
(< transformar)
-
-
adx
Que transforma.
-
s
m
[FÍS]
Aparato estático de indución electromagnética destinado a transformar un sistema de correntes variables en un ou máis sistemas de correntes variables de intensidade e tensión, xeralmente diferentes pero coa mesma frecuencia. Consiste en dous circuítos denominados, primario e secundario, enrolados arredor dun mesmo núcleo magnético de ferro e dispostos en columnas. O primario recibe a corrente que se quere transformar e que unha vez transformada sae polo secundario. O núcleo magnético está formado por unha serie de pranchas delgadas, illadas e colocadas convenientemente para evitar as perdas por histérese e correntes de Foucault. Algúns transformadores especiais dispoñen ademais dun terceiro circuíto, denominado terciario. Tamén existen transformadores de medida que poden ser de tensión ou de intensidade.
-
transformador ideal
[FÍS]
Cuadripolo convertedor de enerxía que conservando a súa forma cambia o nivel das súas magnitudes características (variable intensiva e extensiva). É un transformador sen perdas, de coeficiente de axuste da unidade e de fluxo de dispersión nulo, e no que a indutancia mutua M e as autoindutancias do primario L1 e do secundario L2 son infinitas.
-
transformador perfecto
[FÍS]
Transformador sen perdas, de coeficiente de axuste da unidade e de fluxo de dispersión nulo. O seu circuíto equivalente está formado por unha autoindutancia L conectada ao primario dun transformador ideal. Cando L1 tende a infinito o seu comportamento aproxímase ao do transformador ideal.
-
adx
-
adx
[ECOL]
redutor.