translocación

translocación

(< trans- + latlocatīŏne)

s f [XEN]

Aberración cromosómica que consiste nun cambio na estrutura cromosómica, que resulta da transferencia dun fragmento de cromosoma escindido do seu lugar de orixe que se sitúa noutra posición, en sentido inverso no mesmo cromosoma ou noutro. No caso de que dous cromosomas intercambien un segmento que orixinalmente lles correspondía fálase de translocación recíproca. As translocacións heterocigóticas reducen a frecuencia de entrecruzamento dos cromosomas en que se atopan, a causa das dificultades que presentan no emparellamento meiótico.

Palabras veciñas

translator | transliteración | transliterar | translocación | translocase | translucidez | translúcido -da