transmigración

transmigración

(

  1. s f

    Acción e efecto de transmigrar.

  2. s f [RELIX]

    Paso da alma de quen está morto a outro corpo humano, animal ou vexetal, segundo a doutrina da metempsicose. Fundamento da palinxenesia do universo segundo os pitagóricos, para os estoicos só era unha consecuencia dela. Tamén se denomina transmigración das almas.

  3. s f [FISIOL]

    Cambio de lugar, especialmente o que se refire ao paso dun óvulo dun ovario á trompa do outro lado.