transmisión
(< lat transmissĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de transmitir ou transmitirse.
-
s
f
[FISIOL]
Condutibilidade nerviosa.
-
s
f
[PAT/XEN]
Transferencia, contaxio ou comunicación das enfermidades ou das calidades hereditarias.
-
s
f
[COMUN]
Paso ou transporte de información (sinais) entre dous puntos, por medio da enerxía eléctrica ou electromagnética, e a través dun medio, como é o caso dunha liña de transmisión. Distínguese entre transmisión analóxica, en que os sinais son transmitidos mediante multiplexación por división da frecuencia, e transmisión dixital, en que os sinais de natureza dixital se fan mediante multiplexación por división de tempo. Co fin de mellorar a calidade da transmisión, os sinais analóxicos son traducidos previamente a dixitais.
-
[TECNOL]
-
s
f
Comunicación do movemento dun órgano ou un elemento mecánico a outro.
-
s
f
Órgano ou conxunto de órganos que serven para comunicar o movemento dunha peza, un elemento mecánico ou varios deles, a outro ou outros. Pódense distinguir dous grupos, dependendo de que a peza ou elemento motor e o elemento movido estean separados e sexa posible variar a posición relativa dun respecto do outro (como é o caso das transmisións por poleas, correas ou cables sen fin) ou de que a distancia entre o elemento motor e o movido sexa pequena e invariable (como é o caso dos axustes, engrenaxes e articulacións).
-
s
f
Conxunto de todos os órganos e elementos mecánicos que contribúen á hora de transmitir o movemento do motor ás rodas motrices dun vehículo, e que no automóbil clásico son, por esta orde, o embrague, o cambio de marchas, a árbore de transmisión articulada, o diferencial e os semieixes.
-
transmisión hidrostática
Sistema de transmisión de enerxía que se basea no desprazamento dun fluído a presión (de 2 a 300 bares) e a baixa velocidade (de 5 a 8 m/s) nun circuíto pechado.
-
s
f
-
[ECOL]
-
s
m
Aplícase a todo mecanismo polo que un microorganismo se distribúe nunha poboación animal, pasando dun individuo a outro.
-
transmisión horizontal
Transmisión dun individuo a outro contiguo.
-
transmisión vertical
Transmisión dun individuo á súa descendencia.
-
s
m
-
coeficiente de transmisión
[FÍS]
Probabilidade que, en mecánica cuántica, ten unha partícula de atravesar unha barreira de potencial cuxo nivel de enerxía é superior ao da partícula. Os valores que pode tomar están comprendidos entre 0 e 1, segundo a barreira de potencial teña un grosor nulo ou infinito. O coeficiente de transmisión e o de reflexión sempre suman 1. No caso dunha barreira de potencial de grosor finito, o coeficiente de transmisión recibe tamén o nome de transparencia.
-
factor de transmisión
[FÍS]
transmitancia.