transo

transo

(< fr transe < lattransīre)

  1. s m

    Estado crítico ou situación decisiva pola que pasa alguén.

  2. s m

    Estado en que os sentidos suspenden as súas funcións.

  3. s m [ESPIR/PSIC]

    Condición ou estado psicofisiolóxico especial, típico dos médiums e doutras persoas durante as sesións de espiritismo. Moi semellante ao estado hipnótico e ao somnambulismo, adoita implicar unha notable disociación da personalidade.

  4. s m [RELIX]
    1. Paso da vida á morte.

    2. Estado en que a alma se sente en unión física con Deus.

Formas incorrectas

trance