transporte
(
-
s
m
Acción e efecto de transportar ou transportarse.
-
s
m
-
[ECON]
Actividade que proporciona os medios para transportar persoas ou mercadorías. Chámase transporte terrestre ou por terra o que se efectúa por vías de comunicación terrestres (vías férreas ou estradas) ou fluviais; transporte marítimo o que se efectúa por mar con calquera clase de embarcación; e transporte aéreo o que se efectúa por aire mediante avións, helicópteros ou outras aeronaves. O transporte forma parte da actividade económica xeral, xa que incrementa a utilidade de determinados bens ao trasladalos de lugares onde teñen pouca actividade ata outros onde teñen moita. É posiblemente no turismo onde o transporte, adquire un sentido por si mesmo. Como actividade económica foi concibida como un servizo, aínda que posteriormente comezou a ser considerado como unha das esferas da produción material, pois pode abaratar ou encarecer o custo dos produtos ou obxectos transportados. A revolución dos transportes experimentada desde a segunda metade do s XIX (co ferrocarril e o transporte marítimo), e no s XX (co transporte aéreo e por estrada), estivo sempre unida á revolución industrial e ao desenvolvemento económico derivado da apertura de novos mercados. O sector dos transportes representa arredor do 7% da renda nacional nos países industrializados, cunha tendencia crecente superior á da renda. A importancia do sector é moi superior no referente ao investimento bruto, xa que representa preto do 20% da formación bruta de capital fixo, a causa do enorme custo das infraestruturas que precisa. O tránsito nos tempos contemporáneos caracterízase, entre outros fenómenos, pola masificación e a aceleración dos transportes: de alimentos, produtos enerxéticos, materias primas e manufacturas, e tamén de persoas, animais e efectos postais, e todos eles dentro ou fóra dun mesmo estado. Paralelamente á velocidade increméntanse as distancias de destino, e paralelamente ao volume das mercadorías, a capacidade dos medios de transporte. O transporte terrestre realízase cada vez máis por estrada, o que esixe unha mellora constante das calzadas. Aínda que non existise o automóbil de turismo, o autocar e o camión desbancaban igualmente á barcaza fluvial e mesmo ao vagón de tren pola súa rapidez, flexibilidade de traxecto, fraccionalidade da carga e accesibilidade aos puntos de orixe e destino. O ferrocarril tivo un papel pioneiro no poboamento dos países novos e na industrialización dos xa poboados que continúa representando en áreas extensas de Asia e África, e nas áreas marxinais de Rusia e a CEI. En cambio, en Europa e América do Norte están a pecharse liñas non rendibles, sobre todo de pasaxeiros. A súa participación no tráfico global de mercadorías non é ben coñecida, pero sábese que é moi elevada en Rusia (80% do transporte interior) e os estados da Europa do Leste, elevada en América do Norte (EE UU, 40%), modesta en Europa Occidental e en Extremo Oriente (basicamente pola competencia da estrada) e mínima no Terceiro Mundo, onde a competencia máis importante é a das vías acuáticas e, nalgúns casos, ata a do oleoduto. A navegación por lagos, ríos e canais interiores é o transporte máis lento, descontinuo e intermitente. Isto faino, nos países desenvolvidos, pouco apto para o transporte comercial de pasaxeiros e de mercadorías lixeiras ou caras. Pero son tamén importantes as redes fluviais (ríos con afluentes e canais) compartidas por diferentes estados, como as do Rin, o Danubio e o Elba en Europa, o Mekong en Asia, o Congo e o Nilo en África, e o Amazonas e o Paraná en América do Sur. O transporte marítimo alcanzou unha capacidade de carga tan considerable e a súa especialización volveuse tan esmerada que resulta entre cinco e dez veces máis barato ca o transporte terrestre. A mariña mercante mundial, instrumento desta evolución, foi crecendo sen deixar de desmantelar as unidades anticuadas. Os portos de tránsito son os que reciben máis buques, porque a súa situación fainos escala obrigada, sobre todo cando son o acceso a un dos canais marítimos interoceánicos. O que atrae máis tránsito é o canal de Suez, seguido do canal de Panamá e do de Kiel. Os portos de mercadorías adoitan estar situados tan terra a dentro como sexa posible, onde a navegación marítima, facilitada pola marea alta, enlaza coa fluvial, como é o caso dalgúns dos portos máis comerciais do mundo como Rotterdam no Rin, Anveres no Escalda, Nova York no Hudson e New Orleans no Mississippi. Os grandes portos xaponeses, que non dispoñen de ríos navegables, sitúanse no fondo de baías abrigadas: Kobe, Osaka, Chiba e Yokohama. Pola contra, os portos de pasaxe, se non son insulares, sitúanse en estreitos ou enseadas no mar, para reducir a lentitude e as molestias do embarque para a pasaxe; así, os portos suecos de Helsinborg e Malmö están unidos cos daneses de Helsingor e Copenhaguen por dous ferrocarrís que atravesan o Sund en transbordadores. O transporte aéreo require menor infraestrutura, pero máis delicada, o que o fai o medio de transporte máis caro: non obstante, o feito de que sexa o máis rápido converteuno no transporte ideal para mercadorías lixeiras e caras, e sobre todo para o de pasaxeiros a longa distancia. As crises petroleiras e a competencia feroz das compañías estatais e privadas minguaron o crecemento da aviación regular en beneficio da aviación de negocios (aparatos particulares, taxis aéreos, voos chárter), que continúa proliferando no mundo occidental. O primeiro lugar en número de pasaxeiros corresponde a América do Norte (Nova York, Chicago, Atlanta, Los Angeles e Dallas). Segue Europa, onde destacan Reino Unido, Francia e España. Tamén son importantes Asia, onde destacan Xapón, Arabia Saudita e Rusia, e América Latina, onde destacan Brasil e México.
-
ehículo que se dedica a transportar persoas ou cousas.
-
[ECON]
-
s
m
[ENX]
Transmisión de enerxía eléctrica en grandes cantidades, xeralmente a través de liñas de alta tensión e a gran distancia.
-
s
m
[XEOL]
Proceso polo que as rochas ou os elementos se trasladan dun lugar a outro.
-
ecuación do transporte
[FÍS]
Expresión matemática que fai o balance das ganancias e das perdas de partículas nun elemento de volume dV dun medio, en función dunha dirección de desprazamento determinada r , tendo en conta as perdas clásicas (suma alxébrica das entradas e as saídas) que teñen lugar na dirección r considerada. OBS: Tamén se denomina ecuación de Boltzmann.
-
índice de transporte
[FÍS/QUÍM]
ariable que se define, para cada anión ou catión dunha solución electrolítica pola que se fai circular unha corrente eléctrica, como a fracción da corrente total transportada por cada un deles. Nun sistema que consta dun anión e un catión, os índices poden representarse con t + e t - , e cúmprese que t + + t - = 1. A orixe dos índices de transporte está no feito de que, en xeral, os ións non teñen a mesma velocidade de migración cara ao eléctrodo, polo que os ións máis rápidos transportan máis cantidade de corrente por unidade de tempo. A medida dos índices de transporte pode efectuarse mediante o método de Hittorf ou polo método da superficie de separación móbil, máis preciso ca o de Hittorf.
-
transporte activo
[BIOL]
Mecanismo de transferencia dunha substancia desde unha rexión en que se atopa en escasa concentración ata outra en que é máis alta, e atravesa unha membrana que as separa. Para facer que este tránsito sexa termodinamicamente posible hai que liberar enerxía, que na célula procede do metabolismo en forma de ATP. É preciso un transportador entre a capa externa e a interna da membrana, o que pode consistir nunha proteína estereoespecífica con moita afinidade polo substrato, aínda que está sempre condicionada a unha suficiente dispoñibilidade de ATP.