transubstanciación

transubstanciación

(

  1. s f

    Acción de transubstanciar.

  2. s f [RELIX]

    Conversión de toda a substancia do pan no corpo de Xesús Cristo e de toda a substancia do viño no seu sangue, do que só quedan as aparencias ou accidentes do pan e viño eucarísticos. O termo, empregado xa no IV Concilio de Letrán (1215), fai referencia ao realismo peculiar da presenza persoal e física -pero non material- de Xesús Cristo na Eucaristía.

Palabras veciñas

transpositor -ra | transposón | Tranströmer, Tomas | transubstanciación | transudación | transudado | transudar