trapecio
(
-
s
m
[MAT]
Cuadrilátero que ten dous lados opostos paralelos e os outros dous non paralelos. Os dous lados paralelos b 1 e b 2 son as bases, e a distancia h é a altura do trapecio. A súa área é h (b 1 +b 2 )/2, é dicir, o produto da altura pola semisuma das bases.
-
s
m
[ANAT]
-
Óso curto, esponxoso e de forma cuboide, o primeiro da segunda fila do carpo, que se articula co escafoide, o trapezoide e os metacarpianos primeiro e segundo.
-
Músculo amplo, de forma triangular, cuxa base corresponde á columna vertebral e cuxo vértice se dirixe cara ao ombro. Actúa como elevador do ombro e como rotatorio e inclinador da cabeza.
-
Franxa de fibras transversais na porción inferior da protuberancia anular, arredor do núcleo olivar superior.
-
Substancia branca central do cerebelo.
-
-
s
m
[DEP/ESPECT]
Aparato para facer exercicios de ximnasia ou acrobacia que consiste nunha barra horizontal pendurada polos seus extremos por dúas cordas. En acrobacia hai diversas modalidades, das que destacan o trapecio dobre, conxunto de dous trapecios horizontais paralelos ou en liña, e o trapecio voante, sostido por cordas moi longas.