Trasfontao, pazo de
Trasfontao, pazo de
Construción situada en Silleda. Está formado por dous corpos en forma de U que teñen o corpo central común. Os corpos laterais teñen dimensións iguais na parte dianteira pero diferentes na traseira. Na parte sobresaínte dun dos lados atópase a capela. Os escudos aluden aos Varela e Montenegro.