tratar

tratar

(< lat tractāre)

  1. v t

    Ter como asunto ou tema.

    Ex: Trataron o tema da emigración. OBS: Pode empregarse seguido da preposición de ou sobre. Ex: O traballo trataba sobre animais mariños.

  2. v t

    Someter unha substancia á acción dalgún axente.

    Ex: Tratou a mancha con disolvente.

  3. v t

    Aplicar a un enfermo ou a unha enfermidade un determinado remedio ou tratamento.

    Ex: Tratou a infección con antibióticos.

  4. v t

    Ter amizade ou trato con alguén.

    Ex: Trata esa rapaza desde pequeno.

  5. v t

    Dar a alguén algún tratamento ou título de cortesía.

  6. v t

    Proceder dunha maneira determinada en relación a algo ou a alguén.

    Ex: Trata as cousas con coidado. Trata ben a sogra.

  7. v i

    Tentar conseguir ou realizar algo. OBS: Emprégase seguido da preposición de.

    Ex: Trata de chamar a túa nai.

  8. v i

    Ter trato.

  9. v i

    Comerciar con algunha mercadoría.

    Ex: Trata con peixe.

  10. v pron

    Relacionarse con alguén.

  11. v pron

    Constituír o que se quere conseguir, o obxectivo ou a cousa a realizar.

    Ex: Trátase de facer todo ben.

Conxugar
VERBO tratar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
trato
tratas
trata
tratamos
tratades
tratan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
trataba
tratabas
trataba
tratabamos
tratabades
trataban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tratei
trataches
tratou
tratamos
tratastes
trataron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tratara
trataras
tratara
trataramos
tratarades
trataran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tratarei
tratarás
tratará
trataremos
trataredes
tratarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
trataría
tratarías
trataría
tratariamos
tratariades
tratarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
trate
trates
trate
tratemos
tratedes
traten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tratase
tratases
tratase
tratasemos
tratasedes
tratasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tratar
tratares
tratar
tratarmos
tratardes
trataren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
trata
-
-
tratade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tratar
tratares
tratar
tratarmos
tratardes
trataren
Xerundio tratando
Participio tratado
tratada
tratados
tratadas