trigueiro -ra

trigueiro -ra

(< trigo)

  1. adx

    Que ten unha cor semellante á do trigo maduro

  2. s m [ANIMAL/ORNIT]

    Ave de 18 cm de lonxitude coa plumaxe dorsal parda e con raias máis escuras, peito de cor ocráceo e ventre e gorxa de cor branca. A súa alimentación baséase principalmente en insectos e miñocas. Viven en zonas de campo aberto ou con arbustos. Distribúese por case toda Europa e na Península Ibérica é sedentario; en Galicia está presente no interior.