Tripartito, Pacto

Tripartito, Pacto

Tratado militar asinado en Berlín o 27 de setembro de 1940 por Alemaña, Italia e Xapón, polo cal se comprometían a axudarse mutuamente para conseguir os espazos vitais mínimos necesarios e crear unha orde nova, repartindo as respectivas zonas de influencia. En novembro daquel mesmo ano adheríronse Hungría, Romanía e Eslovaquia, e en marzo de 1941 Bulgaria e Iugoslavia.

Palabras veciñas

tripar | tripartición | tripartito -ta | Tripartito, Pacto | Tripathi, Suryakant | tripaxe | tripeiro -ra