Tripura
Tripura
Estado de India (10.486 km2; 3.191.168 h [2001]). A súa capital é Agartala. Situada ao L de Bangladesh, limita cos estados de Mizorām e Meghāyala. Rexión montañosa, con serras de orientación N-S, ten explotación forestal e cultivos itinerantes. É un antigo principado, integrado no territorio da India (1957), que a raíz da Guerra Indo-paquistaní e a creación de Bangladesh, constituíuse en estado (1972). Desde 1985, foron constantes as loitas de diversos grupos independentistas, encabezados inicialmente polo grupo Tripura National Volunteer (TNV).