tríscele

tríscele

(< grτρισκελής ‘tres brazos’)

s m [ARQUEOL]

Símbolo xeométrico e curvilíneo formado por unha cruz de tres brazos en espiral que se unen nun punto central e forman unha roda con tres raios ondulados ou un S. Se o S vai cara á dereita é un dextrorsum e se vai cara á esquerda sinistrorsum. O seu significado relaciónase co culto ao sol, co principio e co fin, coa eterna evolución e coa aprendizaxe perpetua. Para os druídas simbolizaba a aprendizaxe, a trindade pasada, presente e futura. Foi frecuente atopalo como motivo na ourivaría castrexa e en gravados líticos de época romana.

Formas incorrectas

trisquel

Palabras veciñas

trisaxio | trisca | triscar | tríscele | trisco | trisecar | trisección