tritio
tritio
(< grτρίτος‘terceiro’)
s
m
[QUÍM]
Isótopo radioactivo do hidróxeno cuxo núcleo consiste nun protón e dous neutróns. Adóitase designar co símbolo T, aínda que sistematicamente hai que simbolizalo como 3H.Foi descuberto en 1934 por Rutherford, Oliphant e Harteck no estudo do bombardeo do deuterio con deuteróns. O tritio aparece na atmosfera en proporción dun átomo por cada1017 de hidróxeno, e fórmase continuamente na atmosfera superior en reaccións nucleares inducidas por raios cósmicos. Presenta unha vida media de 12,4 anos, emite radiación β de moi baixa enerxía (0,018 MeV) e non presenta practicamente radiotoxicidade. Emprégase na marcación de moléculas, en obtención de enerxía mediante a fusión nuclear e para a preparación de pinturas luminosas.