trobisco

trobisco

(< lat turbiscu)

  1. s m [PLANTA]

    Arbusto perenne, de ata 2 m de altura, con follas alternas, coriáceas, lanceoladas e agudas. As flores, con 4 pétalos, son de cor branca, lixeiramente perfumadas, dispostas en panículas terminais e froito en drupa carnosa de cor vermella. As flores e os froitos poden estar presentes ao mesmo tempo. Florece entre a primavera e o outono en zonas de beiramar e clima mediterráneo. As súas follas e froitos son velenosos.

    Sinónimos: matapulgas.
  2. trobisco macho [PLANTA]

    Arbusto perenne, de ata 120 cm de altura, con follas coriáceas, oblongo-lanceoladas e sen pelos. As flores son de cor verde amarela, pequenas, dispostas en inflorescencias axilares e froito en drupa. Florece entre mediados do inverno e mediados da primavera. É unha planta velenosa.

Palabras veciñas

Trobe | Trobe, Santo André de | trobeiro -ra | trobisco | trobo | Trobo | Trobo, o