troco

troco

(

  1. s m

    Acción e efecto de trocar ou trocarse.

  2. s m

    Cantidade de diñeiro en moedas ou en billetes de pequeno valor.

  3. s m

    Diñeiro que se devolve cando se paga cunha cantidade maior.

Frases feitas

  • A/en troco loc adv Para pagar ou como compensación.

Palabras veciñas

Trockij, Lev | tróclea | troclear | troco | trocófora | trocoide | Troeltsch, Ernst